17 jul. 2017

SOMOS AUTORAS DE: "SERES MITOLÓXICOS: proxecto Que Ves? TAMBRE EDELVIVES


POR FIN!!! Que alegría temos de poder compartir con vos que Miren do blog "La clase de Miren" e mais eu, somos autoras do proxecto Que ves? Seres Mitolóxicos" de Tambre Edelvives. Xuntas elaboramos un proxecto específico para Galicia no que investigamos e aprendemos moitas cousas sobre algúns seres mitolóxicos galegos como: MEIGAS, TRASNOS, APALPADOR, etc.


Como podedes ver na imaxe superior, trátase dun proxecto de ciclo polo que hai unha carpeta específica para cada un dos niveis, adaptados os contidos a cada idade correspondente. Foi xenial poder traballar unha vez máis xuntas de novo e seguro que non será a derradeira vez. Queremos dar as grazas a Tambre Edelvives por confiar en nós para levar a cabo este proxecto e ...

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!


15 jul. 2017

AS MACIOLIMPIADAS


Para rematar o proxecto sobre as Olimpiadas, celebramos no cole unhas ... MACIOLIMPIADAS ás que invitamos a todas as familias.

Cada clase, fixo unha exhibición do deporte que estivo a traballar co seu titor/a na aula e a practicar cos seus profes de Educación Física:

E.I. 3 anos:

E.I. 4 e 5 anos:
1º de E.P.
2º de E.P.
3º de E.P.
4º de E.P.
5º de E.P.
6º de E.P.

E como en todas Olimpiadas que se precien, non podía faltar o ACTO DE CLAUSURA que levaron a cabo os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria recollendo a CHAMA OLÍMPICA e o alumnado de 2º de Educación Primaria apagando o PEBETERO.


Para rematar, os nenos e nenas desde 3º a 6º de Educación Primaria, fixeron unha coreografía que practicaron co profe Fernando e a profe Carmen dentro do programa SUMA SAÚDE, ACTÍVATE:

13 jul. 2017

AS NOSAS MÁQUINAS


No derradeiro temas de Ciencias Naturais estivemos aprendendo cousiñas sobre as máquinas simples e compostas. E como non hai mellor xeito para aprender que coa experimentación e manipulación, cada un de nós fixemos unha máquina utilizando materiais reciclados e despois expuxémolas todas na entrada do cole.

Estas son as nosas maquetas:

- ENMA: Un balancín

- ADRIÁN: Unha tartaruga xiratoria


- ALBA: Dúas versións de norias de auga


- YAGO: Un muíño de vento


- PAZ: Unha balanza


- AINOA: Un tobogán


- CARMEN: Unha catapulta


- AITANA: Un carro


- SHEILA: Unha atracción de canicas:


- MIGUEL: Un pozo


Moitísimas grazas a todas as familias pola súa colaboración

11 jul. 2017

ÉPOCA ROSA DE PICASSO


Continuando co noso proxecto sobre Picasso, despois da Época Azul, vimos a Época Rosa. Nesta época que vai dende 1904 ata 1907,  Picasso que está moi feliz e enamorado de Fernande Olivier, entra nun período máis alegre e pinta esceas de pallasos e circos cun colorido máis brillante.
Estas son algunhas das obras que traballamos, onde podemos ver como cambiaron as cores azuis e frías por cores máis cálidas:


E así é como recreamos nós algunhas delas:






QUE VÓS PARECEN?

27 jun. 2017

OS CORPOS XEOMÉTRICOS


No último tema de matemáticas, estivemos observando e analizando distintos corpos xeométricos e os seus principais elementos como vértices, aristas, caras laterais e bases.

Primeiro utilizamos as figuras que tiñamos na clase. A profe repartiunos un corpo xeométrico a cada un de nós. Mirámolo, remirámolo, apuntamos na libreta cales elas os seus elementos e cando xa o tiñamos dominado, explicámosllelos aos nosos compañeiros. Faltan Yago e Enma porque ese día non viñeron a clase.

Ollade que ben o fixemos.


Na segunda sesión, fixemos e decoramos corpos xeométricos en 3D utilizando cartolina branca:


O desenvolvemento dos corpos sacámolo de AQUÍ

E xa na terceira sesión, utilizamos escarvadentes para facer as aristas e plastilina para facer os vértices. Estas son algunhas das moitas figuras que fixemos.



 



Para axudarnos, utilizamos unhas plantillas que atopamos na páxina de Mumuchu:


Ollade que ben traballamos:


24 jun. 2017

UN PROXECTO ENTRE TODOS: Colaboración entre blogs amigos


Un 2 de febreiro de 2012 comezou a aventura deste xenial proxecto que uniu en ocasións a máis de 200 blogs colaborando unidos para recopilar recursos para compartir. E COMPARTIR é precisamente a palabra que mellor define a filosofía que mantivo vivo este proxecto.

Agora, despois de máis de 5 anos en marcha, informámosvos que "botamos o peche". Sopesamos a continuidade ou non deste proxecto e por moitas razóns, a nosa decisión final foi rematar aquí. É moito tempo adicado a construir un gran arquivo de enlaces filtrados, clasificados e organizados por temas para a realización de proxectos nas aulas. O SITE de UN PROXECTO ENTRE TODOS seguirá aberto para poder usalo libremente, ainda que xa non o manteremos actulizado, polo que poderedes atopar en ocasións ligazóns que xa non estean activas.


https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos

Queremos darvos as grazas a todos os blogs amigos que nalgún momento destes 5 anos, participaron en Un proxecto entre todos. Sen todos eles, isto non sería posible. E tamén, cada unha de nós, queremos dar as grazas ao resto do claustro-blogue, posto que  a coordinación, organización, o bo rollo que existiu en todo momento, fixo que todo rodara dun xeito natural e que o difícil sempre resultara sinxelo.

GRAZAS A TODOS E ESPERAMOS CRUZARNOS CON VÓS NALGÚN OUTRO MOMENTO!!


15 jun. 2017

LAPBOOK OLÍMPICO


Outra das actividades que fixemos dentro do proxecto "MACIOLIMPIADAS" foi elaborar un lapbook no que recollimos información sobre todos os símbolos olímpicos: a bandeira, os cinco aros, o lema, o himno, o xuramento, a coroa de oliveira, a antorcha e tamén sobre as medallas. Ademais nel, non podía faltar a mascota das nosas Olimpiadas, o can Geruso.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso e de como nos quedou:


Por diante e por detrás:


Por dentro:



12 jun. 2017

FROITA UN BOTÍN SABOROSO: DESAFÍO 4


No cuarto desafío, Manuel, propúxonos facer manualidades e decidimos facer un collage de froita e verdura inspirado na obra de ARCIMBOLO.


Así que, collimos folletos de distintos supermercados e recortamos, pegamos, compuxemos,...



E así quedaron: